Friday 03 de May de 2024

A Xunta renova as fachadas posterior e lateral do edificio dos Xuzgados de Ferrol


A obra conta cun orzamento de 25.000 euros, comezou o pasado 12 de maio e está previsto que remate nuns días

Vicepresencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está levando a cabo as obras de pintado da fachada posterior e lateral do edificio de xulgados de Ferrol. A actuación, que conta cun orzamento de 25.000 euros, inclúe a colocación de estadas, limpeza, selado de gretas, imprimación e dúas mans de pintura.

As obras comezaron o pasado 12 de maio e está previsto que rematen estes días. A empresa encargada de levar a cabo esta obra é Hiper-Deco Galicia. O pintado das fachadas deste edificio administrativo levouse a cabo tras detectarse un importante deterioro das mesmas.

A obra se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas de Vicepresencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o mantemento e mellora dos edificios xudiciais da nosa comunidade.